User`s guide
18 - Packard Bell Limited Warranty
2.1.2.4 do transporte ou empaquetado desaxeitado cando se devolva o Sistema a Packard Bell ou a un Pres-
tador de Servizos Autorizado Packard Bell;
2.1.2.5 da instalación desaxeitada de produtos de terceiros (por exemplo, tarxetas de memoria).
2.1.3 A perda de, ou o dano a, calquera programa, dato, ou medio de almacenamento extraíble. Vostede é
responsable de gardar (realizando copias de seguridade ou back-up) calquera programa, dato, ou medio de
almacenamento extraíble. Por favor, teña en conta que Packard Bell pode optar por substituír o Sistema
entregado para a prestación dos servizos de garantía cun produto reformado de igual calidade e, deste
xeito, calquera dato almacenado por vostede no seu Sistema orixinal pódelle chegar a ser inaccesible de
xeito permanente.
2.1.4 Pezas consumibles, como, por exemplo, pezas que requiran ser substituídas de xeito periódico durante
o curso normal do uso do Sistema, incluídas, sen limitación, as baterías de portátil. Durante o período de
garantía, a batería será substituído polo PackardBell se a súa capacidade caer a menos de 50% da súa
capacidade orixinal.
2.1.5 Defectos menores das pantallas LCD que ocorran en Sistemas equipados con tecnoloxía de pantalla
LCD sempre que non haxa máis de tres (3) píxeles defectuosos nunha pantalla LCD dada e, ademais, sempre
que o panel da pantalla estea dividido en nove (9) áreas rectangulares iguais e non haxa máis dun píxel
defectuoso na área central.
2.2 Limitación e Exención de Responsabilidade da Garantía
2.2.1 Se vostede realiza calquera reclamación de conformidade co establecido na presente Garantía Limi-
tada, enténdese que vostede acepta que a reparación (de xeito gratuíto) do produto Packard Bell, a súa
substitución, a rebaixa do prezo ou a resolución do contrato, segundo sexa aplicable de conformidade coa
prestación de servizos de garantía descritos no presente documento, son as súas accións fronte a Packard
Bell ou fronte a calquera das súas sociedades filiais ou sociedades matrices respecto de calquera incumpri-
mento da Garantía Limitada Packard Bell establecida no presente documento.
3. O
BTENCIÓN DO SERVIZO DE GARANTÍA
Para informar de calquera reclamación e/ou obter servizos de garantía, rogámoslle que revise a información
de contacto establecida na súa Tarxeta de Garantía ou que visite www.packardbell.es
Antes de enviar un produto Packard Bell aos centros de reparación/asistencia autorizados, o Cliente deberá
fPackard Bell unha copia de todos os seus datos e dos programas instalados e borrar calquera tipo de infor-
mación confidencial ou reservada (de agora en diante, “Datos”).
Packard Bell non se fará responsable da perda, dano ou divulgación de “Datos” debidos a terceiros, nin da
recuperación ou restauración de tales “Datos”.
TÁBOA DE REFERENCIA DA GARANTÍA LIMITADA A 1 ANO
* Envío: O cliente envía a unidade ao taller de Packard Bell. Rematada a reparación, Packard Bell remite a
unidade ao cliente.
** Entrega: O cliente leva a unidade a un Centro de asistencia autorizado de Packard Bell. Rematada a
reparación, o cliente recolle a unidade no mesmo lugar.
PRODUTO PERÍODO E TIPO DE GARANTÍA
Ordenador Persoal de
sobremesa
Un ano: Envío* ou Entrega**
Os monitores adquiridos e incluídos na mesma factura ou recibo como
periférico dun PC de sobremesa Packard Bell estarán suxeitos aos termos da
garantía deste.
Ordenador persoal portátil /
Netbook / Tablet PC
Un ano: Envío* ou Entrega**
Monitor/TV
Un ano: Envío* ou Entrega**
Política de píxeles: todos os monitores LCD Packard Bell están certificados
na norma ISO 9241-307 e cumpren coa política de píxeles de clase II
Asistencia técnica
(só Hardware)
1 ano
Asistencia sobre
O software
180 dias
Accessorios / Baterías 12 meses envío*










