User`s guide

Galego - 17
Galego
GARANTÍA LIMITADA PARA PRODUTOS
1. COBERTURA DA GARANTÍA LIMITADA
1.1 Esta garantía limitada (ver “Exclusións” e “Limitacións” na Sección 2) (“Garantía Limitada”) concédelle
dereitos e accións contra Packard Bell de carácter específico. Rogámoslle que lea este documento coida-
dosamente, xa que mediante a realización dunha reclamación de conformidade co previsto nesta Garantía
Limitada, vostede confirma ter entendido e aceptado os seus termos. De xeito independente a esta
Garantía Limitada, pode ter dereitos e accións diferentes e máis extensos contra o comerciante que lle
vendeu o produto Packard Bell. Esta Garantía Limitada non opera para limitar tales dereitos. Así mesmo, esta
Garantía Limitada non afecta aos dereitos que lle concede o dereito imperativo da lexislación española apli-
cable.
O consumidor ten dereitos legais segundo a lexislación aplicable que regula a venda de bens de consumo
e esta garantía non exclúe, limita nin suspende ningún dos devanditos dereitos. Por exemplo, os consumi-
dores teñen un mínimo de 24 meses de garantía desde a data de compra do produto - independentemente
do establecido en calqueratarxeta de garantía ou noutrosmateriais.
1.2 Packard Bell garante que calquera produto Packard Bell, incluídas pezas e compoñentes (opcionais e
accesorios) xenuínos Packard Bell que teñen sido instalados no seu produto Packard Bell no momento da
compra (en diante, colectivamente, serán designados como “Sistema”), vendido por primeira vez a un
usuario final nun país da Área Económica Europea (o “Ámbito Territorial”) está exento de defectos en mate-
riais ou traballo en condicións normais de uso durante a duración do período de garantía especificado na
tarxeta da Garantía Limitada fornecida co seu Sistema (“Tarxeta de Garantía”).
É responsabilidade do cliente rexeitar un produto Packard Bell vendido como novo pero que presente os
precintos de garantía manipulados e debe informar disto ao revendedor. Ao admitir un produto Packard
Bell cos selos de garantía manipulados, o Cliente acepta unha garantía distinta (inferior) respecto aos
termos e condicións estándar dun produto Packard Bell novo e cos precintos de garantía intactos.
1.3 Calquera programa de ordenador ou software fornecido co seu Sistema, incluído o sistema operativo,
entrégase “Tal e como se Atopa. Packard Bell non garante que o funcionamento de calquera programa de
ordenador ou software fornecido co seu Sistema será ininterrompido ou estará libre de erros, ou que tal
programa de ordenador ou software cumprirá os seus requisitos.
1.4 Se se realizar unha reclamación con base nesta Garantía, Packard Bell, á súa opción, reparará ou substi-
tuirá calquera Sistema defectuoso ou calquera das súas pezas cubertas por parte desta Garantía Limitada
mediante a utilización, á elección de Packard Bell, de pezas ou Sistemas novos ou reformados en fábrica. No
caso de que Packard Bell opte por empregar pezas ou Sistemas novos ou reformados en fábrica, estes terán
características de funcionamento iguais a aqueles correspondentes a produtos novos. Todos os Sistemas e
pezas cambiados ou substituídos de conformidade co previsto nesta Garantía Limitada serán propiedade
de Packard Bell.
1.5 O período de garantía comeza na data de entrega. O orixinal da súa factura de compra (recibo de
compra), no que apareza a data de compra do Sistema, ou a data que figure no albará de entrega corre-
spondente, se este fose posterior, é a súa proba da data de entrega ou compra.
1.6 A prestación do servizo de garantía basearase no idioma principal utilizado, a nivel nacional, no país da
AEE no que a petición do servizo teña sido realizada. Os servizos de garantía de reparación que se refiran a
aspectos do seu Sistema baseados na lingua (por exemplo, teclado ou software) é posible que non poidan
ser prestados en calquera idioma que sexa distinto do idioma principal utilizado, a nivel nacional, no país
da AEE no que a petición do servizo sexa realizada.
Esta Garantía Limitada está suxeita ás seguintes exclusións e limitacións:
2. E
XCLUSIÓNS E LIMITACIÓNS
Esta Garantía Limitada está suxeita ás seguintes exclusións e limitacións:
2.1 Exclusións
A presente Garantía Limitada non se estende a:
2.1.1 Calquera produto non fabricado por ou para Packard Bell, ou que teña sido vendido por primeira vez
a un usuario final fóra do Ámbito Territorial da presente Garantía Limitada.
2.1.2 Calquera produto que teña sido danado ou estea defectuoso como consecuencia (...)
2.1.2.1 do uso do Sistema dun xeito distinto ao seu uso normal previsto, incluída, sen limitación, a falta de
uso do Sistema de conformidade co Manual de Usuario que acompaña o Sistema ou calquera outro uso do
Sistema que sexa abusivo ou neglixente;
2.1.2.2 da modificación do Sistema, incluído o uso de pezas non fabricadas ou vendidas por parte de
Packard Bell;
2.1.2.3 da prestación de servizos ou a reparación realizada por parte de calquera persoa distinta de Packard
Bell ou dun Prestador de Servizos Autorizado Packard Bell;