Manual de usuario

Table Of Contents
Uso de Math Box
A aplicación Math Box ten as seguintes funcións de apoio á aprendizaxe.
Rodar Dado: Rodar Dado é unha función que simula a probabilidade dos
dados.
Lanzar Moeda: Lanzar Moeda é unha función que simula a probabilidade
dun lanzamento de moeda.
Núm Liña:
Núm Liña rexistra ata tres ecuacións ou inecuacións e amosa
as súas liñas de números.
Círculo: Círculo usa o gráfico de Círc Un e Medio Cír para amosar
valores de ángulo e trigonométricos. Tamén pode usar un gráfico de
Reloxo para ver os ángulos.
Rodar Dado
Rodar Dado realiza unha simulación dunha, dúas ou tres tiradas de dados
virtuais un número especificado de veces. Pode seleccionar calquera das
seguintes pantallas para ver o resultado.
Pantalla Lista
Pantalla Frec Relativa
Procedemento de operación xeral de Rodar Dado
Exemplo: para simular 100 tiradas de dous dados. Para este exemplo,
úsase a pantalla Frec Relativa para os resultados de simulación,
amosando o número de ocorrencias (frecuencias) e as frecuencias
relativas da diferenza numérica (0, 1, 2, 3, 4, 5) entre os dous dados
en cada tirada.
1. Prema , seleccione a icona da aplicación Math Box e logo prema .
Isto amosa o menú de Math Box.
90