Manual de usuario
Table Of Contents
- Táboa de contidos
- Antes de usar a calculadora
- Aplicacións e menús da calculadora
- Entrada de expresións e valores
- Cálculos básicos
- Cambiar o formato de resultado de cálculo
- Cálculos avanzados
- Rexistrar e usar ecuacións de definición para f(x) e g(x)
- Uso de Verificar
- Uso das funcións de QR Code
- Uso das aplicacións da calculadora
- Información técnica
- Preguntas frecuentes
Variable única
Variable emparellada
6. Seleccione o elemento do menú para a operación que desexa realizar
.
• Seleccione [Resultados 1-Var], [Resultados 2-Var] ou [Resultados
Reg] para ver unha lista dos resultados de cálculo baseados
nos datos que inseriu. Para máis información, consulte “Amosar
resultados de cálculos estatísticos” (páxina 71).
• Para ver a pantalla de cálculo estatístico para realizar os cálculos
baseados nos datos inseridos, seleccione [Cálc Estatíst]. Para máis
información, consulte “Uso da pantalla de cálculos estatísticos”
(páxina 75).
Nota
• Para volver ao Editor de Estatística desde a pantalla de cálculo de estatística, prema
e logo .
Entrada de datos e editor de estatística
O Editor de Estatística amosa unha, dúas ou tres columnas: variable
única (x), variable única e frecuencia (x, Frec), variable emparellada (x, y),
variable emparellada e frecuencia (x, y, Frec). O número de filas de datos
que se pode inserir depende do número de columnas: 160 filas para unha
columna, 80 filas para dúas columnas, 53 filas para tres columnas.
Importante!
• Todos os datos agora inseridos no Editor de Estatística bórranse se realiza calquera
das seguintes operacións.
- Cambiar o tipo de cálculo estatístico de variable única a emparellada.
- Cambiar o axuste de Frecuencia no menú T
OOLS.
• Os cálculos estatísticos poden levar bastante tempo cando hai un gran número de
elementos de datos.
68