Manual de usuario
Table Of Contents
- Táboa de contidos
- Antes de usar a calculadora
- Aplicacións e menús da calculadora
- Entrada de expresións e valores
- Cálculos básicos
- Cambiar o formato de resultado de cálculo
- Cálculos avanzados
- Rexistrar e usar ecuacións de definición para f(x) e g(x)
- Uso de Verificar
- Uso das funcións de QR Code
- Uso das aplicacións da calculadora
- Información técnica
- Preguntas frecuentes
Uso das funcións de QR Code
Uso das funcións de QR Code
A súa calculadora pode amosar os símbolos de QR Code que pode ler un
dispositivo intelixente.
Importante!
• As operacións desta sección asumen que o dispositivo intelixente que se usa como
lector do QR Code pode ler múltiples símbolos de QR Code e que se pode conectar a
Internet.
• O escaneo dun QR Code amosado por esta calculadora cun dispositivo intelixente
fará que este acceda ao sitio web de CASIO.
Nota
• O QR Code aparece na pantalla cando preme
(QR) mentres se amosa
calquera das seguintes pantallas.
- Pantalla HOME
- Pantalla do menú CONFIG
- Pantalla de erros
- Pantallas de resultados de cálculo en calquera aplicación da calculadora
- Pantallas de táboa en calquera aplicación da calculadora
Para máis información, visite o sitio web de CASIO (https://wes.casio.com).
Amosar un QR Code
Exemplo: para ver o QR Code para un resultado de cálculo na aplicación
Calcular da calculadora e escanealo cun dispositivo intelixente.
1. Na aplicación Calcular
, realice algún cálculo.
2. Prema
(QR) para ver o QR Code.
• Os números da esquina dereita inferior da pantalla amosan o número
actual do QR Code e o número total de símbolos de QR Code. Para
ver o seguinte QR Code, prema ou .
Nota
• Para volver ao QR Code previo, prema
ou tantas veces como precise para
desprazarse ata que apareza.
3. Use un dispositivo intelixente para escanear o QR Code na pantalla da
calculadora.
• Para a información sobre como escanear un QR Code, consulte a
documentación de usuario do lector de QR Code que usa.
65