Manual de usuario

Table Of Contents
Nota
Pode rexistrarse unha ecuación de definición desde calquera aplicación da
calculadora agás desde Math Box. Porén, dependendo da pantalla amosada pola
aplicación da calculadora (por exemplo, se aparece unha pantalla de menú), poida
que o menú non apareza cando preme .
Realizar o cálculo asignando un valor á ecuación
de definición rexistrada
Exemplo 2:
Para asignar o valor x = 3 a f(x), que rexistrou no Exemplo 1
(Continuación desde o Exemplo 1)
1. Prema
e logo seleccione [f(x)].
Isto insire “f(”.
2. Asigne un valor de 3 e logo execute o cálculo.
3
Rexistrar unha función composta
Exemplo 3: Para inserir f(x) definido no Exemplo 1 en g(x) para rexistrar
g(x) = f(x) × 2 - x
(Continuación desde o Exemplo 1)
1. Prema
e logo seleccione [Definir g(x)].
Isto amosa a pantalla de rexistro de ecuación g(x).
2. Insira f(x) × 2 - x.
* 2
* Se preme cando aparece a pantalla de rexistro da ecuación g(x),
o único elemento do menú que aparece é [f(x)]. Do mesmo xeito, se
preme cando aparece a pantalla de rexistro da ecuación f(x), o
único elemento do menú que aparece é [g(x)].
3. Prema
.
Isto rexistra a ecuación que inseriu e volve á pantalla amosada antes
de que comezase esta operación no paso 1.
Nota
A operación para asignar un valor a x de g(x) e calcular o resultado é a mesma que
en “Realizar o cálculo asignando un valor á ecuación de definición rexistrada”
59