Manual de usuario

Table Of Contents
Antes de usar a calculadora
Ler isto primeiro
Sobre este manual
CASIO Computer Co., Ltd. non asume ningunha responsabilidade por
calquera dano especial, colateral, accidental ou como consecuencia de,
que teña que ver con ou xurda da adquisición ou uso deste produto e
dos elementos que o acompañan. Ademais, CASIO Computer Co., Ltd.
non asume responsabilidade ante ningunha reclamación do tipo que
sexa por calquera outra parte que xurda do uso deste produto e dos
elementos que o acompañan.
O contido deste manual está suxeito a modificacións sen aviso previo.
As imaxes das pantallas e ilustracións (como os marcados de teclas)
que aparecen neste manual son a título informativo e poden variar
dalgún xeito dos elementos reais que representan.
QR Code é unha marca rexistrada de DENSO WAVE INCORPORATED
no Xapón e noutros países.
Os nomes de produtos e da empresa empregados no presente
manual poden ser marcas rexistradas ou marcas comerciais dos seus
respectivos propietarios.
Operacións de teclas
O seguinte exemplo amosa como están representadas as operacións de
teclas neste manual.
Exemplo 1:
Deben premerse as teclas na secuencia indicada antes (esquerda a
dereita).
Exemplo 2: (π)*
O anterior indica que debería premer e logo , o cal inserirá un
símbolo π. T
odas as operacións de entrada con múltiples teclas se indican
como esta. Indícanse as marcas das tapas das teclas, seguidas do
carácter ou comando de entrada entre parénteses.
5