Manual de usuario

Table Of Contents
2. Asegúrese de que está usando a aplicación da calculadora correcta
para o tipo de cálculo que tenta realizar
.
Para comprobar que aplicación da calculadora está usando
actualmente, prema
. Isto destaca a icona da aplicación da
calculadora actualmente en uso.
3. Se os pasos anteriores non corrixen o seu problema, prema a tecla .
Isto fai que a calculadora realice unha rutina que comproba se
as funcións de cálculo están funcionando correctamente. Se a
calculadora descobre calquera anomalía, inicia automaticamente a
aplicación da calculadora e borra o contido da memoria.
4. Restaure os axustes da calculadora (agás Contraste, Autoapagado e
Idioma) ás súas configuracións predeterminadas iniciais realizando o
seguinte procedemento.
(1) Prema , seleccione unha icona de aplicación da calculadora e,
deseguido, prema .
(2) Prema e, deseguido, seleccione [Reinicio] > [Axustes & Datos] >
[Si].
Substitución da pila
Se aparece a pantalla que se amosa a continuación xusto despois de
acendela, significa que queda pouca pila.
A pila baixa tamén se indica por unha pantalla atenuada, aínda que se
axuste o contraste, ou polo fallo das cifras que aparecen na pantalla xusto
despois de acender a calculadora.
Se pasa isto ou aparece esa pantalla mencionada, substitúa a pila por
unha nova.
Importante!
Ao sacar a pila bórrase todo o contido da memoria da calculadora.
1. Prema
(OFF) para apagar a calculadora.
Para garantir que non a acende por accidente ao cambiar a pila, poña
a tapa frontal na parte de diante da calculadora.
2. Como se indica na ilustración, saque a tapa da pila, retire a pila e logo
poña unha nova cos extremos de positivo (+) e negativo (
−) colocados
correctamente.
109