Manual de usuario

Table Of Contents
A súa entrada excede o rango de entrada permitido (sobre todo
cando usa funcións).
O cálculo que está realizando contén unha operación matemática
ilegal (como unha división por cero).
Acción:
Comprobe os valores de entrada, reduza o número de díxitos e
ténteo de novo.
Cando usa unha variable como argumento dunha función, comprobe
que o valor da variable está dentro do rango permitido para a función.
ERRO Pila
Causa:
O cálculo que está realizando fixo que se excedese a capacidade da
pila numérica ou da pila de comandos.
Acción:
Simplifique a expresión de cálculo para que non exceda a capacidade
da pila.
Tente dividir o cálculo en dúas partes ou máis.
ERRO Argumento
Causa:
Existe un problema co argumento do cálculo que está realizando.
Acción:
Faga as correccións precisas.
ERRO Rango
Causa (aplicación Táboa):
Un intento de xerar unha táboa de números na aplicación Táboa
cuxas condicións fixeron que excedese o número máximo de filas
permitidas.
Acción:
Estreite o rango de cálculo da táboa cambiando os valores Inic, Fin e
Paso e ténteo de novo.
Causa (aplicación Math Box):
O valor inserido como Intentos (número de probas) para Rodar Dado
ou Lanzar Moeda está fóra do rango permitido ou non é un valor
enteiro.
O valor inserido na pantalla de rexistro da expresión do Núm Liña
está fóra do rango permitido, ou inseriu unha inecuación cunha
relación máximo-mínimo non válida (como 10 < x ≤ 5).
107