Manual de usuario

Table Of Contents
Nota
Unha ecuación de definición pode rexistrarse desde calquera aplicación da
calculadora agás Distribución, Ecuación (Ecuación Simul / Polinómica), Inecuación,
Base-N e Math Box. Porén, dependendo da pantalla amosada pola aplicación da
calculadora (por exemplo, se aparece unha pantalla de menú), poida que o menú non
apareza cando preme .
Realizar o cálculo asignando un valor á ecuación
de definición rexistrada
Exemplo 2:
para asignar o valor x = 3 a f(x), que rexistrou no exemplo 1
(Continuación desde o exemplo 1)
1. Prema
e logo seleccione [f(x)].
Isto insire “f(”.
2. Asigne un valor de 3 e logo execute o cálculo.
3
Rexistrar unha función composta
Exemplo 3: para inserir f(x) definido no exemplo 1 en g(x) para rexistrar
g(x) = f(x) × 2 - x
(Continuación desde o exemplo 1)
1. Prema
e logo seleccione [Definir g(x)].
Isto amosa a pantalla de rexistro de ecuación g(x).
2. Insira f(x) × 2 - x.
* 2
* Se preme cando aparece a pantalla de rexistro da ecuación g(x),
o único elemento do menú que aparece é [f(x)]. Do mesmo xeito, se
preme cando aparece a pantalla de rexistro da ecuación f(x), o
único elemento do menú que aparece é [g(x)].
3. Prema
.
Isto rexistra a ecuación que inseriu e volve á pantalla amosada antes
de que comezase esta operación no paso 1.
71