Manual de usuario

Table Of Contents
Cálculos avanzados
Esta sección describe os comandos, as funcións e os símbolos que son
comúns para todas as aplicacións da calculadora. A orde usada aquí para
presentar os comandos, as funcións e os símbolos é a mesma que se
amosa no menú CA
TALOG que aparece cando preme
.
Nota
Tamén hai elementos do menú CATALOG específicos da aplicación da calculadora
que non aparecen aquí. Consulte o capítulo de cada aplicación da calculadora para
máis información sobre os elementos do menú específicos da aplicación.
Dependendo da aplicación da calculadora que estea usando e a pantalla amosada
pola aplicación, poida que non sexa capaz de inserir algúns comandos, funcións ou
símbolos. Os comandos, as funcións e os símbolos que non se poden inserir non
aparecen no menú CA
TALOG.
Os comandos, as funcións e os símbolos aquí descritos non están dispoñibles na
aplicación Base-N.
Análises de funcións
Esta sección explica os comandos e as funcións que pode inserir despois
de realizar a operación:
[Análise Func].
Derivada(d/dx)
Derivada(d/dx) obtén o coeficiente diferencial aproximado na coordenada
x especificada (a) na expresión de entrada f(x).
Nota
Esta función pode usarse con calquera das seguintes aplicacións da calculadora:
Calcular
, Estatística, Distribución, Folla cálc, Táboa, Ecuación, Inecuación, Matriz,
Vector.
Sintaxe de entrada
A sintaxe de entrada depende da configuración de Entrada/Saída no
menú CONFIG, como se amosa na seguinte táboa.
51