Manual de usuario

Table Of Contents
A súa entrada excede o rango de entrada permitido (sobre todo
cando usa funcións).
O cálculo que está realizando contén unha operación matemática
ilegal (como unha división por cero).
Cando usa unha aplicación que non admite números complexos ou
cando aparece unha pantalla que non acepta a entrada de números
complexos, tentou executar un cálculo que inclúe unha variable onde
se almacena un número complexo.
Cando Verificar está activado (Verificar ON) ao usar a aplicación
Complexo, inseriu unha inecuación que inclúe un número complexo.
Acción:
Comprobe os valores de entrada, reduza o número de díxitos e
ténteo de novo.
Cando usa unha variable como argumento dunha función, comprobe
que o valor da variable está dentro do rango permitido para a función.
Para executar un cálculo que inclúe unha variable onde se almacena
un número complexo, mentres usa unha aplicación que non admite
números complexos ou mentres aparece unha pantalla que non
acepta a entrada de números complexos, cambie o valor almacenado
para a variable a un número real.
Non pode usar Verificar na aplicación Complexo para determinar
se unha inecuación que inclúe un número complexo é verdadeira.
Pode determinar a veracidade dunha ecuación que inclúe un número
complexo.
ERRO Pila
Causa:
O cálculo que está realizando fixo que se excedese a capacidade da
pila numérica ou da pila de comandos.
O cálculo que está realizando fixo que se excedese a capacidade da
pila da matriz ou do vector
.
Acción:
Simplifique a expresión de cálculo para que non exceda a capacidade
da pila.
Tente dividir o cálculo en dúas partes ou máis.
ERRO Argumento
Causa:
Existe un problema co argumento do cálculo que está realizando.
Acción:
Faga as correccións precisas.
165