Manual de usuario

Table Of Contents
Porén, teña en conta que os valores non se actualizan automaticamente
despois das seguintes operacións.
Cando se usa o menú CONFIG para cambiar o axuste Unidade Ángulo.
Cando a variable dunha ecuación de definición se actualiza (novo valor
numérico gardado) ao rexistrar unha ecuación de definición que contén
unha variable (exemplo: f(x) = 2x + A).
Cando se rexistra a ecuación de definición dunha función composta
(exemplo: g(x) = f(x) × 2 - x) e se actualiza a ecuación de definición da
función de referencia (exemplo: f(x) de g(x) = f(x) × 2 - x) (nova ecuación
de definición rexistrada).
Nestes casos, execute [Recalcular] mentres aparece a pantalla de
táboas de números para actualizar os valores.
Uso de V
erificar coa aplicación Táboa
Se Verificar está activado na aplicación Táboa, cada vez que insira un
valor f(x) (ou un valor g(x)) que se corresponda con x na pantalla de táboa
de números, a calculadora determinará se o valor é verdadeiro.
Nota
Verificar pode usarse con varias aplicacións da calculadora. Antes de realizar as
operacións desta sección, lea primeiro a información contida en “Descrición xeral de
V
erificar” (páxina 73).
Operación modelo de Verificar
Esta operación modelo comeza cunha táboa de números que se creou de
acordo cos seguintes axustes.
Ecuación de definición ...... f(x) = x
2
+
1
2
g(x) = x
2
-
1
2
Rango Táboa ......... Inic: -1, Fin: 1, Paso: 0,5
Realice o proceso continuando desde o paso 6 en “Procedemento xeral
para crear unha táboa de números” (páxina
109).
1. Para activar Verificar, prema
e, deseguido, seleccione [Verificar ON].
Aparece un indicador na parte superior da pantalla para indicar
que V
erificar está activado.
Isto elimina todo o contido das columnas f(x) e g(x) da pantalla de
táboa de números.
2. Prema para mover o cursor á primeira fila da columna f(x).
113