Manual de usuario
Table Of Contents
- Táboa de contidos
- Antes de usar a calculadora
- Aplicacións e menús da calculadora
- Entrada de expresións e valores
- Cálculos básicos
- Cambiar o formato de resultado de cálculo
- Uso do menú FORMAT
- Conversión Estándar e Decimal
- Factorización de números primos
- Conversión decimal recorrente (cálculos decimais recorrentes)
- Conversión de coordenadas cartesianas e polares
- Conversión de fracción impropia e de número mixto
- Notación de enxeñería
- Conversión sesaxesimal (cálculos de graos, minutos e segundos)
- Cálculos avanzados
- Rexistrar e usar ecuacións de definición para f(x) e g(x)
- Uso de Verificar
- Uso das funcións de QR Code
- Uso das aplicacións da calculadora
- Cálculos estatísticos
- Cálculos de distribución
- Uso da Folla de cálculo
- Inserir e editar contido das celas
- Inserir unha constante e unha fórmula nunha cela
- Referencias relativa e absoluta de cela
- Uso dos comandos especiais da aplicación Folla cálc
- Entrada por lotes da mesma fórmula ou constante en varias celas
- Elementos de configuración da aplicación Folla cálc
- Auto Cálc e Recalcular
- Crear unha táboa de números
- Cálculos de ecuacións
- Cálculos de inecuación
- Cálculos de números complexos
- Cálculos de Base-n
- Cálculos de matriz
- Cálculos de vectores
- Uso de Math Box
- Información técnica
- Preguntas frecuentes
Perigo
Indica algo que crea un risco grande de falecemento ou danos
persoais severos.
Advertencias sobre a pila tipo botón e tipo moeda (só
para fx-991SP CW)
Teña coidado de non inxerir por accidente unha pila.
As pilas deben manterse fóra do alcance dos nenos/as.
Contacte de inmediato cun médico no caso de inxerir unha pila por
accidente ou se existe tal posibilidade.
A inxestión dunha pila pode provocar queimaduras químicas,
penetración nos tecidos da mucosa e outras lesións serias que crean
risco de falecemento.
Advertencia
Indica algo que crea un risco de falecemento ou danos persoais
severos.
Pantalla
Non prema a pantalla LCD nin a someta a un impacto
grande.
Facelo pode provocar que o cristal da pantalla LCD rompa, e cree o
risco de lesións persoais.
Se rompe a pantalla LCD, non toque nunca o líquido de
dentro.
O líquido da pantalla LCD en contacto coa pel causa irritación cutánea.
Se o líquido da pantalla LCD entra en contacto coa boca, enxaugue de
inmediato e contacte cun médico.
Se o líquido da pantalla LCD entra en contacto cos ollos ou a pel,
enxaugue con auga limpa e logo contacte cun médico.
Advertencias sobre a pila
Se o líquido que sae da pila entra en contacto coa pel ou coa
roupa, enxáugueo inmediatamente con auga limpa.
Se o líquido da pila entra nos ollos, existe risco de perder a vista etc.
Enxaugue os ollos e contacte inmediatamente cun médico.
10