Manual de usuario

Table Of Contents
cela C3. Dado que a operación de copiar e pegar move a fórmula unha
columna (B a C) e dúas filas (1 a 3), a referencia de cela relativa A1 na
fórmula móvese unha columna e dúas filas a B3. Se o resultado dunha
operación de copiar e pegar fai que o nome de referencia da cela relativa
cambie a algo que estea fóra do rango das celas da folla de cálculo, a
letra da columna correspondente e/ou o número de fila substituiranse por
un signo de pregunta (?) e aparecerá “ERRO” nos datos da cela.
Referencia de cela absoluta
Se quere que a fila ou a columna, ou ambas partes de fila e columna
dun nome de referencia de cela sigan sendo os mesmos sen importar
onde os pegue, debe crear un nome de referencia de cela absoluto.
Para crear unha referencia de cela absoluta, poña un signo de dólar ( )
enfronte do nome da columna e/ou do número da fila. Pode usar unha
das tres referencias de cela absolutas distintas: columna absoluta con
fila relativa ( A1), columna relativa con fila absoluta (A 1), ou fila e
columna absolutas ( A 1).
Para inserir un símbolo de referencia de cela absoluta ( )
Mentres insire a fórmula na cela, prema e logo seleccione [Folla cálc] >
[ ].
Para cortar e pegar os datos da folla de cálculo
1. Mova o cursor á cela cuxos datos quere cortar
.
2. Prema
, seleccione [Cortar e Pegar] e logo prema .
Isto entra no modo de espera de pegar. Para cancelalo, prema ou
.
3. Mova o cursor á cela na que quere pegar os datos que cortou e logo
prema .
Se pega os datos simultaneamente borra os datos da cela onde
realizou a operación de cortar
, e cancela automaticamente a espera
de pegar.
Nota
No caso da operación de cortar e pegar, as referencias de cela non cambian cando se
pegan, independentemente de se son relativas ou absolutas.
Para copiar e pegar datos da folla de cálculo
1. Mova o cursor á cela cuxos datos quere copiar
.
2. Prema
, seleccione [Cortar e Pegar] e logo prema .
105